Participación cidadá na corunha

“No que ten que ver coa construción da cidade, A Coruña adquiriu nos derradeiros 30 anos unha bagaxe extraordinaria. Extraordinaria, como fora do ordinario, claro. Apenas cumpre fixarse como mentres cada vez máis cidades do continente abogan por abrir vías para a construción participativa da cidade, n’A Coruña teimase en facer da ‘Transparencia’ unha fantasia en modo de obxecto de desexo inalcanzábel e da ‘Rendición de contas’ simplemente un anhelo fabulado.
Non é baladí nos días que atravesamos lembrar que a implicación cidadá nos ámbitos de decisión e planeamento da cidade é a única base sobre a que pode descansar o desenvolvemento local equilibrado e a democracia participativa, elementos fundamentais para a integración das comunidades veciñais no exercicio da politica entendidad como ben común.”

fonte: habitat social [blogue]

‘Un exsocio de Urdangarin diseña el futuro de A Coruña por 684.000 euros’
“El contrato del plan Coruña Futura no ha sido otorgado por los cauces habituales. El gobierno del popular Carlos Negreira lo adjudicó a través de la Fundación Emalcsa, una entidad definida como “privada” por sus estatutos pero que depende de Emalcsa, la empresa municipal de aguas (100% de capital público) de la que toma el nombre y el personal, ya que su plantilla está formada solo por el gerente, Manuel Aguilar López, exdirector de la moribunda Obra Social de Caixa Galicia. El Ayuntamiento se niega a revelar el sueldo de Aguilar porque, argumenta, no tiene obligación legal y se lo impide la Ley de Protección de Datos.”

fonte: El Pais. 1 de Marzo de 2013 [ligazon]

economia ecoloxica e modelo productivo

Palestra do ciclo _dereito á cidade_

http://dereitoacidade.blogaliza.org/

Economía ecolóxica e modelo productivo

Mércores 25 de maio, 20:30 horas

Lugar AVV Atochas Monte Alto (Campo de Marte). A Coruña

organiza: rds [rede dereitos sociais] http://rede.blogaliza.org/

Con Xoán Ramón Doldán*

A economía ecolóxica defínese como a “ciencia da xestión da sustentabilidade” ou como o estudo e valoración da (in)sostenibilidad. Non é uhna rama da teoría económica, se non un campo de estudo transdisciplinar que permite afrontar mellor os problemas derivados do modelo productivo vixente, xa que o enfoque económico convencional non é adecuado .
A motivación central da economía ecolóxica é reconstruír o sistema económico de modo que a sustentabilidade sexa posíbel. A economía ecolóxica propón que a teoría económica integre o concepto de “throughput”, entendido como un fluxo de materia e enerxía sometido ás leis da termodinámica que comeza coa extracción dos ecosistemas de materia e enerxía de baixa entropía e alto potencial de traballo, continua coa súa transformación en bens de consumo, capital e servizos pola economía e finaliza coa introdución de desfeitos, materia e enerxía de alta entropía e baixo traballo, nos ecosistemas.

*Xoán Ramón Doldán é:
profesor de Economia Aplicada da USC
especialista en Economia Ecolóxica
ex-director do INEGA
activista ambientalista

As grandes superficies comerciais: realidade e consecuencias

…ante intento de construir a marca Coruña, como cidade Centro Comercial, ante a insensata apertura do monstro Marineda City a RDS lanza este manifesto…

13 pasos que destrúen a cidade

1. Especulación:

A apertura de grandes superficies comerciais ten suscitado operacións de especulación inmobiliaria do solo. É habitual que a aparición dun centro comercial estea precedida de operacións de compra-venta de terreos ou bens inmobles coa  intención especulativa de revendelos posteriormente.

2. Corrupción:

Estes procesos de especulación inmobiliaria veñen acompañados de posibilidades para a corrupción urbanística e o abuso de poder por parte de cargos e funcionarios públicos que, ligados á iniciativa privada de grandes grupos económicos aproveitan a falta de planificación urbana e a ambivalencia das normativas para o enriquecemento privado. A pouca transparencia destas prácticas suxire indicios de filtracións de información privilexiada desde as administracións públicas cara aos lobbies económicos da construción e a xestión comercial a grande escala.

3. Malversación:

Só mediante un investimento inadecuado de caudais públicos pódese dotar a estas iniciativas privadas das infraestruturas que precisan para a súa actividade. A grande cantidade de fondos públicos empregados en dotar de infraestruturas e servizos ás grandes superficies comerciais de beneficio privado chocan claramente coa concepción da inversión realmente pública.

4. Economía deslocalizada:

Lonxe de xerar riqueza local, os fluxos económicos das grandes superficies comerciais son un claro exemplo da nocividade do mercado globalizado; empresas de tributación desequilibrada que non crean riqueza localmente. Grandes superficies que capitanean a economía neoliberal concentrando a riqueza nunha sorte de novas elites locais e destruíndo o tecido económico consolidado da cidade.

5. Destrución do pequeno comercio:

As grandes superficies comerciais imposibilitan a pervivencia dos tecidos de pequena produción e consumo, agrandando as dificultades que o pequeno comercio ten para a súa supervivencia nos barrios. Debilitan as redes de economía doméstica e destrúen os mercados locais, funcionando como auténticas apisoadoras monopolistas. As grandes superficies comerciais empregan técnicas abusivas para eliminar o tecido de pequeno comercio de proximidade.

6. Precariedade laboral:

As grandes superficies comerciais son espazos onde o traballo precario adquire un carácter hexemónico. Contratos lixo, horarios abusivos, salarios de moi baixa cuantía, intermitencia e temporalidade na contratación, elevadas doses de presión laboral e risco nas condicións de saúde laboral, son algúns dos síntomas causados polo modo de
explotación que padecen as persoas que traballan nelas.

7. Consumo irresponsábel

O sistema de consumo potenciado polas grandes superficies comerciais dista moito da sustentabilidade económica, social ou medio-ambiental. Algúns indicadores que apoian a anterior reflexión poden ser: a baixa calidade e os deficientes sistemas de fabricación da maior parte dos produtos á venda; a desequilibrada e inxusta relación económica entre o produtor os intermediarios e o vendedor final; o déficit ecolóxico dos procesos de fabricación; a prevalencia das grandes marcas; etc…

8. Homoxeneización:

O tipo de ocio e consumo preponderante nas grandes áreas comerciais estandariza as influencias e os gustos culturais, impoñendo cánones estéticos a toda a cidadanía e eliminando a diversidade. Unha homoxeneización favorecida pola concentración nestas grandes superficies comerciais de empresas multinacionais que aplican patróns de produción e venta baseados nas formas e tendencias empresariais da cultura dominante.

9. Privatización da cidade:

En esencia o espazo público é aquel que se goberna de maneira pública. Converter os lugares de relación comunitaria, de natureza pública, en espazos de xestión e control privado, limita o desenvolvemento comunitario ao tempo que empobrece a vitalidade da cidade. A heteroxeneidade na composición e uso da cidade é un dos grandes valores no análise da súa riqueza, xa que potencia a solidariedade entre as persoas e o desenvolvemento de valores de xustiza social. Dita heteroxeneidade desaparece en espazos privados, onde se impón o dereito de admisión reservado.

10. Segregación:

As grandes superficies comerciais son espazos privados entregados a políticas de control que levan implicita a exclusión de determinadas capas da poboación. Migrantes sen papeis e persoas en situación de exclusión social son sistematicamente seguidas e perseguidas, cando non expulsadas destes centros de consumo e privatización do ocio.

11. Xentrificación:

A planificación e apertura dunha grande superficie comercial ven acompañada dun proceso de transformación urbana e social no que a poboación orixinal dunha veciñanza ou barrio é progresivamente desprazada por outra de maior nivel adquisitivo rematando así cun tecido social consolidado a través dos anos e construíndo auténticas barreiras de fragmentación urbana.

12. Mobilidade:

As grandes superficies comerciais destrúen os equilibrios da cidade, impoñendo modelos de mobilidade dependentes do vehículo particular. A nova disposición urbana que determinan os centros comerciais, empeoran un modelo de saturación automobilística xa de por si desequilibrado .

13. Perda de urbanidade:

A zonificación de usos na cidade que supón o traslado da actividade comercial á súa periferia, conleva unha perda de vitalidade do espazo público tradicional. A riqueza das rúas vese mermada polo peche dos seus comercios, facendo do percorrido peonil das mesmas unha experiencia máis monótona e falta da tranquilidade que outorga o espazo habitado.

Polo Dereito á cidade!

agresións ao territorio e cambio climático

'Dereito a Cidade'
"Agresións ao territorio e cambio climático"
Xoves 31 as 20:30 horas
Organiza RDS (Rede Dereitos Sociais)
http://rede.blogaliza.org/
Juan Ramón Vidal Romaní, Director do Instituto Universitario de Xeoloxía
Isidro Parga Pondal (UDC)
Lugar: CS Atreu! Travesia San Xosé 2, baixo. Monte Alto.

Cando falamos de Dereito a Cidade pensamos nun marco social igualitario
dentro de un ecosistema urbano habitábel. Poren, o plano de actuación do
modo de explotación capitalista está a modificar de forma radical e (as
veces) irremediábel o entorno que nos rodea.
Pero, están as modificacións do clima e o territorio poñendo en perígo
real o noso futuro colectivo? Até que ponto, unha cidade con un tecido
costeiro tan marcado, pode estar en risco ante as modificacións do clima e
o quencemento global? Como influén as actuacións de orixe artificial
(construccións e vivendas en liña costeira, recheos, infraestructuras,
alteracións de cursos e correntes,...) no escenario natural que habitamos?

Abriremos un fio de relato e debate con Juan Ramón Vidal Romaní que vaia
dende o xeral (o marco global) ao concreto (o caso de Coruña).

Juan Ramón Vidal Romaní é Catedrático de Xeoloxía na Universidade da
Coruña e colaborador con diversos estudos relativos as incidencias
do cambio climático e a súa relación co medio físico no planeta
e na Galiza.

Artigos relacionados:
xornal - plan litoral
la opinion - corta vida recheo praias
ivoox - ciclo cambio climatico
la voz de galicia - nacionalismo é xeoloxia
la voz de galicia - Carbono, cambio climatico e porvir da humanidade
Lagoa As Pontes:
Publico - pelea en Galicia pola construción dunha enorme lagoa
Courel:
paleorama - a cova do Courel
el progreso - dentro das entrañas do Courel

Sobre os recheos nas praias de Orzán, Riazor e Matadoiro

Ante a inminente ameaza que pende sobre as praias de Orzán, Riazor e
Matadoiro e os fondos marítimos que as rodean e dan forma desde a Rede de
Dereitos Sociais queremos manifestar a nosa oposición frontal a estas
agresivas e perigosas intervencións. Indicamos a seguir:

a) Entendemos completamente fora de lugar intervencións como esta,
tendentes a eliminar a biodiversidade presente nos fondos mariños.

b)Non podemos concordar con intervencións agresivas que continuan a
modificar de forma inconsciente as liñas de costa, os fondos e as
correntes mariñas naturais.

c) No momento de crise climática actual non podemos acreditar en que as
administracións públicas segan a violentar o medio mariño con recheos que
redundan nun problema global motivado exclusivamente pola acción humana: o
perigoso ascenso do nivel das augas mariñas. Estes recheos participan dun
continuo; a filosofía insostíbel de alteración consciente das cotas do
mar.

d) Como habitantes da cidade pensamos que a granulometría invasiva de este
novo recheo, alén de distorsionar profundamente o plano biológico,
estético e paixasístico das praias, convertira de novo as mesmas en
espazos artificiais e realmente desagradebeis no que ao uso e desfrute
humano se refire.

e)Entendemos que o grande gasto público que unha intervención como esta
require esta completamente inxustificado no caso do
Orzán-Riazor-Matadoiro. Nun plano medioambiental por, entre outras muitas,
as posicións anteriormente relatadas. Poren, nun plano estratéxico tratar
de solventar problemas estruturais dun mal proxectado paseo marítimo con
novos recheos que serán fundamentalmente, de novo arrastrados polo mar,
parécenos un pésimo exemplo de xestión dos recursos públicos.

f) Finalmente, queremos denunciar a supeditación de unha liña de costa, da
súa biodiversidade e natureza propias, aos fins de unha cidade dictada
como terciaria desde ámbitos corporativos do empresariado e das
institucións públicas. Unha cidade que se ordena en clave de
insostenibilidade ambiental e mala xestión dos presupostos públicos.

Por iso, as entidades e persoas autoorganizadas na Rede de Direitos
Sociais (http://rede.blogaliza.org/) apoiaremos activamente as diversas
mobilizacións que a este respeito faganse desde o ámbito dos espazos
sociais e cidadans.

Apoiamos polo tanto a mobilzación autoconvocada por diversas persoas
agrupadas en http://defendendoaspraias.wordpress.com/ o
Venres as 19:00 no Obelisco.

documentos didácticos

Qué é un pxom? Que fai? Como se consulta?

Qué é unha alegación? Qué se pode alegar? De qué serve? Como se fai?

presentación da campaña no servicio de urbanismo do concello

Alegación Xenérica

Nome:…………………………………………………………………………………………………

DNI:…………………………………………………………………………………………………….

Enderezo:………………………………………………………………………………………………

EXPOÑO:

Que logo de consultar o documento de aprobación inicial de Revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de A Coruña (endiante PXOM) e non estando conforme con distintos aspectos do mesmo, mediante o presente escrito opóñome á súa formulación actual en base ao seguinte.

ALEGO:

1. Que o proceso de participación, debate e consenso cidadá, tan necesario na elaboración e desarrollo do PXOM, non seguiu canles realmente incluintes, claras e democráticas.

2. Que o planeamento de grandes infraestructuras presente no PXOM non é unha solución a problemática de mobilidade acuciante na cidade. Apenas afondará na saturación derivada do uso do automobil particular, dividindo barrios e veciñanzas con vias de alta densidade que afondaran na producción de gases de efecto invernadoiro e outros que afondan no empeoramento da calidade do aire.

3. Que non se atopan no PXOM ferramentas reais para o control da especulación urbanística. O que si atopamos é unha previsión de máis de 33.000 novas vivendas nunha cidade que ten, agora mesmo, máis de 17.000 vivendas (sobre o 15% do total) baleiras. Procesos como os 6 convenios firmados despois da revisión da Xunta, dan conta dun modelo de urbanísmo que segue a preferenciar a grupos económicos e empresariais e que continúa a posibilitar oscuros procedimentos urbanísticos de cuestionábel legalidade.

4. Que un PXOM que firma a defunción de unha economía e un sistema produtivo sostibel, barrial e local non pode ser o PXOM de unha sociedade democrática e igualitaria. Priorizar unha economía de grandes superficies comerciais fronte ao pequeno comercio e deseñar unhas infraestructuras e un planeamente urbanístico e economico-laboral en base a estas (grandes superficies) e a un porto exterior cuestionado por veciñas e veciños, expert@s, e institucións, fala de un modelo inconsciente e ilógico.

5. Que non atopamos ferramentas económicas, legais, técnicas ou participativas para 1)poder desenvolver as intervencións sinaladas no PXOM nem 2)marcar un control público e democrático sobre as formas de desenvolvemento do mesmo nem 3)ter un control transparente sobre a xestión das plusvalías económicas que xerarán as actuacións urbanísticas do PXOM.

6. Que a ausencia de respeto polo patrimonio, natural e cultural (exemplos como o apantallamento na Agra da Torre, os recheos previstos na ensenada do Orzán, as agresións ao Castro de Elviña, …) deriva en actuacións e propostas realmente alarmantes e ausentes de criterio nun sentido técnico e moral.

En consecuencia:

Solicito que se abra un proceso de revisión do PXOM no que se creen as canles para un debate real sobre o modelo de cidade que precisa a cidadanía da Coruña.

En primeiro lugar como esixencia democrática e, en segundo, como factor de calidade do Plan, para que poda satisfacer mellor ás necesidades da poboación e aproveitar as súas potencialidades. Nese sentido, emprazo ao Concello a crear espazos de traballo co equipo redactor do Plan e o grupo Municipal, nas que os colectivos e a cidadanía, podanos expor as nosas posicións e chegar a acordos concretos sobre os contidos do Plan.


En A Coruña a … de Febreiro de 2010

Sinatura:

descargar modelo en .pdf

Nota aclaratoria

Ante o alarmismo levantado de forma irresponsável por agentes, lobbis económicos, grandes promotores e a dereita de partido na cidade, desde colectivos e pessoas aderidos ao manifesto “Polo Direito a Cidade” queremos manifestar que nom acreditamos o máis mínimo em determinados analises oportunistas e sesgados que sobre o urbanismo e o  PXOM estám a fazer aqueles que so pensam em chave de beneficios económicos ou réditos eleitorais.

Como temos feito público nos últimos días, as entidades sociais, culturais e vezinhais das que fazemos parte nom vam caer numha posiçom acrítica ante o PXOM proposto desde os grupos que governam e compartem alcaldía no Concelho da Corunha. Um PXOM que como ja plantejamos, desde o nosso ponto de vista, mantem importantes deficiencias no  que a gestom e proposta de modelo de cidade se refire. Entendemos que a nossa laboura, como parte da sociedade civil é exigir sempre melhoras, proponher pontos de vista  alternativos e presionar em todo o momento a quem gestiona o poder, tenha a cor política que tenha. E isso estamos a fazer.

Alem disso, nom podemos acreditar o máis mínimo nos discursos que de forma maniquea, estam-se a fazer desde e dereita política e económica (empresarios da construçom, lobbis económicos) da cidade, buscando deitar sobre a povoaçom umha política do medo, da alarma perniciosa, manipulando a informaçom e alterando o sentido de  determinadas figuras urbanísticas.

Nom acreditamos no modelo de cidade neoliberal que proponhem as forças liberais (politicas e económicas) da Corunha, baseando o seu plantejamento, na especulaçom desmedida, a densificaçom da construçom frente aos espaços públicos e a ausencia de rehabilitaçom.

Num momento chave como este para a cidade e o planeta, num marco de crise económica e incerteça ecológica, como grupos sociais, ecologistas, vezinhais, nom damos credibilidade ao modelo de cidade neoliberal.

Avogamos por umha cidade livre do paragidma da propriedade da vivenda como bem especulativo. Umha cidade verdadeiramente sostivel, com menor densificaçom e sem violencia inmobiliaria. Avogamos por umha cidade organizada em base ao tezido social e construida desde a participaçom.

Apresent-acçom manifesto: “Polo Dereito a Cidade”

Na manhá de ontem apresentou-se públicamente o manifesto “Polo Dereito a
Cidade” que agrega a diversos colectivos e entidades vezinhais e sociais
da cidade ao redor de umha crítica global sobre o modelo de cidade
avançado polo PXOM em fase de aprovaçom inicial, exposiçom pública e
alegaçons.
Um grupo de pessoas de colectivos aderintes ao manifesto, dimo-nos cita no
espaço público que rodea a sede da concelhería de urbanismo em Monte Alto
para visiviliçar com umha pequena acçom/rolda de imprensa a nossa posiçom
alternativa e divergente ante o PXOM desenhado desde o Concelho.
Na acçom aportou-se informaçom concreta sobre os pontos críticos do Plano
Geral (participaçom, mobilidade, modelo produtivo,
densificaçom/especulaçom e ausencia de ferramentas para um correcto
desenvolvemento e control público do PXOM). Finalmente o acto rematou com
a entrega de umha veintena de alegaçons individuais focaliçadas na
ausencia de canles de participaçom real com a que, contradictoriamente as
instituiçons municipais parescem querer bloquear a participaçom de
entidades e sujeitos activos da sociedade civil corunhesa.

Infos e ligaçons sobre a apresentaçom pública de onte do manifesto “Polo
Direito a Cidade”:
http://galiza.indymedia.org/gz/2010/02/22336.shtml
http://www.diarioliberdade.org/index.php?option=com_content&view=article&id=164:esiximos-o-dereito-a-cidade&catid=22:batalha-de-ideias&Itemid=52
http://www.vieiros.com/nova/78234/o…-pxom-da-coruna-unha-ilusion-nada-realista-e-pouco-eco-loxica
http://www.vieiros.com/media/vieiros/pdf/acorunha_pxom-alegacion.pdf
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/02/09/plan-participativo/357073.html
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/02/09/0003_8282738.htm
http://www.xornal.com/artigo/2010/02/08/galicia/colectivos-sociais-rebelanse-escurantismo-do-pxom-corunes/2010020822380601873.html

Páxina seguinte »