Sobre os recheos nas praias de Orzán, Riazor e Matadoiro

Ante a inminente ameaza que pende sobre as praias de Orzán, Riazor e
Matadoiro e os fondos marítimos que as rodean e dan forma desde a Rede de
Dereitos Sociais queremos manifestar a nosa oposición frontal a estas
agresivas e perigosas intervencións. Indicamos a seguir:

a) Entendemos completamente fora de lugar intervencións como esta,
tendentes a eliminar a biodiversidade presente nos fondos mariños.

b)Non podemos concordar con intervencións agresivas que continuan a
modificar de forma inconsciente as liñas de costa, os fondos e as
correntes mariñas naturais.

c) No momento de crise climática actual non podemos acreditar en que as
administracións públicas segan a violentar o medio mariño con recheos que
redundan nun problema global motivado exclusivamente pola acción humana: o
perigoso ascenso do nivel das augas mariñas. Estes recheos participan dun
continuo; a filosofía insostíbel de alteración consciente das cotas do
mar.

d) Como habitantes da cidade pensamos que a granulometría invasiva de este
novo recheo, alén de distorsionar profundamente o plano biológico,
estético e paixasístico das praias, convertira de novo as mesmas en
espazos artificiais e realmente desagradebeis no que ao uso e desfrute
humano se refire.

e)Entendemos que o grande gasto público que unha intervención como esta
require esta completamente inxustificado no caso do
Orzán-Riazor-Matadoiro. Nun plano medioambiental por, entre outras muitas,
as posicións anteriormente relatadas. Poren, nun plano estratéxico tratar
de solventar problemas estruturais dun mal proxectado paseo marítimo con
novos recheos que serán fundamentalmente, de novo arrastrados polo mar,
parécenos un pésimo exemplo de xestión dos recursos públicos.

f) Finalmente, queremos denunciar a supeditación de unha liña de costa, da
súa biodiversidade e natureza propias, aos fins de unha cidade dictada
como terciaria desde ámbitos corporativos do empresariado e das
institucións públicas. Unha cidade que se ordena en clave de
insostenibilidade ambiental e mala xestión dos presupostos públicos.

Por iso, as entidades e persoas autoorganizadas na Rede de Direitos
Sociais (http://rede.blogaliza.org/) apoiaremos activamente as diversas
mobilizacións que a este respeito faganse desde o ámbito dos espazos
sociais e cidadans.

Apoiamos polo tanto a mobilzación autoconvocada por diversas persoas
agrupadas en http://defendendoaspraias.wordpress.com/ o
Venres as 19:00 no Obelisco.